Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41919

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 12 (AR 39-E) da ordenación provisional (expediente planeamento 2013002388).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do 6 de setembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle do ámbito 12 (AR 39-E) da ordenación provisional, redactado de oficio.

Réxime de recursos: este acto pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se notifique, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local, 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Con data do 2 de outubro de 2013 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 2 de outubro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente