Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública (expediente 2012/294).

Sométese a información pública o expediente 2012/294, tramitado por instancia de Thenaisie Provote, S.A., para a tramitación do expediente de incursión na situación legal de fóra de ordenación dunha nave en Arrufana, na parroquia de Louredo deste municipio de conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que crea convenientes.

Mos, 26 de xuño de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo