Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública (expediente 7199/13).

Por instancia de Tania Guerra Rodríguez, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra de ampliación de explotación de vacún de leite existente no lugar de Maceira, parroquia de Maceira (expediente 7199/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 8 de outubro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo