Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural da colección Álvaro Gil de ourivaría prerromana.

A colección Álvaro Gil de ourivaría prerromana actualmente depositada no Museo Provincial de Lugo está configurada por un conxunto de pezas caracterizadas pola variedade, calidade e representatividade das diversas formas e técnicas empregadas na elaboración de xoiaría pre e protohistórica do noroeste peninsular, o que a converte nunha fonte única de coñecemento histórico para o estudo da tecnoloxía destes períodos cronolóxicos en Galicia.

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (en diante USC) remitiu o 27 de xullo de 2013 unha solicitude de declaración de ben de interese cultural de Galicia para esta colección de ourivaría prerromana. Esta petición é unha achega cualitativa ás providencias internas da propia Dirección Xeral do Patrimonio Cultural que se traduciron no informe-proposta da arqueóloga do Servizo de Planeamento e Inventario do 12 de xuño de 2013. A Facultade de Xeografía e Historia da USC envía un breve informe, unha bibliografía e un catálogo completo con fichas detalladas de cada peza. Segundo expón o antedito informe: «O catálogo que presentamos baséase na obra de A. Balseiro García publicada polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo no ano 1994 e que reflicte unha tese de licenciatura presentada na nosa facultade no ano 1991, e na de Narciso Peinado y Gómez publicada pola Xunta do Museo Provincial de Lugo, nº 16 do ano 1975 na cal, tras un preámbulo histórico, presenta un “Catálogo de la colección de orfebrería prerromana en Galicia (Blanco Cicerón) propiedad del Ilmo. Sr. D. Álvaro Gil Varela depositada en el museo de Lugo MCMLXXV”».

O catálogo anexo á solicitude da Facultade de Xeografía e Historia da USC organízase mediante fichas individuais e rexistros sobre diversos atributos de cada peza, como son a súa tipoloxía, procedencia, técnica de elaboración, cronoloxía relativa e descrición.

A partir dos datos que achega este catálogo podemos afirmar que esta colección, composta por 44 pezas, 43 de ouro e 1 de prata, presenta as formas e tipos característicos da ourivaría prerromana do noroeste peninsular.

O carácter senlleiro desta colección vese ademais avalado pola presenza de pezas tan emblemáticas como o colar de Chaos de Barbanza –conxunto formado por 9 doas de ouro, que constitúen a mostra máis antiga de ourivaría protohistórica do noroeste peninsular (Calcolítico-Bronce Inicial: 1800-1600 a. C.)– e increméntase con outras xoias características do Bronce Atlántico como aros, brazaletes, pulseiras e outras, contando con exemplares tan representativos como as gargantillas de tiras de Monte dos Mouros.

Tamén cómpre destacar as pezas pertencentes á cultura castrexa, que son as máis numerosas da colección e que se atribúen cronoloxicamente á Idade do Ferro. Este grupo de xoias presentan unha variada gama formal, técnica e decorativa que abrangue tipos característicos como pulseiras, adornos de pelo, arracadas, láminas caladas e torques. Estes últimos constitúen o grupo con maior número de exemplares e presentan unha gran variabilidade de factura e motivos decorativos. Entre eles sobresaen pezas tan representativas para a arqueoloxía como o torque de Burela. Por todo isto, podemos considerar este conxunto como paradigmático da xoiaría castrexa, o que singulariza esta colección fronte a outras do territorio do Estado.

A notoriedade e valor documental das pezas deriva tanto do método empregado na súa elaboración (martelado, fundición, baleiramento en molde á cera perdida, soldadura) e as técnicas decorativas aplicadas (puntillado, estampación, filigrana), como da súa diversidade formal e tipolóxica (torques, brazaletes, arracadas, adornos de pelo), atributos que a converten nun conxunto de incuestionable valor histórico, artístico e estético.

Este conxunto foi depositado en 1974 no Museo Provincial de Lugo por Álvaro Gil Varela, coleccionista lucense e mecenas, quen a adquiriu como colección pechada aos herdeiros de Ricardo Blanco-Cicerón e incrementouna a posteriori con pezas tan coñecidas como o carneiro alado de Ribadeo.

O xerme da colección de ourivaría de Álvaro Gil Varela foi a reunida orixinariamente por Ricardo Blanco-Cicerón, destacado coleccionista galego de finais do século XIX e principios do XX, que incluía, entre outros, un conxunto de pezas de xoiaría procedentes de achados casuais e remocións de terras de diversos xacementos arqueolóxicos galegos, e que conformaba con outras pezas de variada natureza (esculturas, mobles, moedas etc.) a máis importante colección privada de bens culturais mobles de Galicia, tanto pola súa diversidade como pola calidade dos obxectos arqueolóxicos e artísticos.

Con respecto ás características materiais da colección de xoiaría de Álvaro Gil, é necesario lembrar que está elaborada maioritariamente en ouro, o que lle engade ao seu valor como fonte de coñecemento histórico un valor material de seu, ademais da súa significación simbólica, social e de prestixio como metal precioso por excelencia.

Como apunta o informe da Facultade de Xeografía e Historia, desde un punto de vista historiográfico esta colección sobresae pola importancia que tivo e aínda ten para a arqueoloxía galega, xa que as súas pezas foron estudadas polos grandes investigadores galegos dos séculos XIX e XX (Villaamil y Castro, López Cuevillas, entre outros). Este interese mantense ata a actualidade, tal como demostran diversas publicacións de especialistas en ourivaría protohistórica, entre as cales destacan as de B. Ambruster, A. Perea, A. Balseiro, L. Castro, M. J. Bóveda ou Casal García.

Por todo o exposto, resulta incuestionable o carácter sobranceiro desta colección, dados os seus valores artísticos, estéticos e históricos, os cales fundamentan sobradamente a súa declaración como ben de interese cultural consonte o imperativo do artigo 8.1 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Por outra parte, a oportunidade da declaración está xustificada xa que a súa actual protección legal unicamente deriva da aplicación do artigo 50 da devandita Lei 8/1995, do 30 de outubro: «A todos os bens que formen parte dun museo, colección visitable (...) seralles de aplicación o sistema de protección establecido na presente lei para os declarados de interese cultural». Xa que logo, cómpre dotala co máximo grao de protección legal, a través da súa declaración como ben de interese cultural de Galicia con independencia da natureza da institución que a acolla en cada momento e sen prexuízo do recoñecemento da súa titularidade.

En definitiva, pódese afirmar que estamos ante elementos fundamentais constitutivos do patrimonio cultural moble dun interese sobranceiro para a Comunidade Autónoma galega agrupados nunha colección plural, logo dun proceso intencional de provisión ou acumulación (artigo 8.2 da antedita Lei 8/1995, do 30 de outubro).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural é consciente de que este conxunto, tamén polos seus valores visuais e plásticos, forma parte desde hai tempo do imaxinario colectivo, da visión que a sociedade galega ten do seu pasado protohistórico. Esta soubo captar con ollos de hoxe o que xa se recolle en fontes literarias clásicas sobre a riqueza aurífera do noroeste peninsular e o carácter sobranceiro que sitúa o local dentro das influencias europeo-atlánticas que están nas raíces das primeiras manifestacións da nosa cultura, factores que encontraron eco na opinión pública e que fan notorio o seu recoñecido valor propio e de interese relevante para a permanencia e identidade da cultura galega a través do tempo (artigo 1 da mencionada Lei 8/1995). Xa que logo, a sociedade galega, suxeito activo na percepción do interese artístico, histórico e arqueolóxico, ten que ser a principal beneficiaria desta colección coa posibilidade de poñela ao dispor das persoas investigadoras, estudosas ou de calquera galega ou galego que quixer acceder a el. Isto non é máis que a concreción dos mandados dos artigos 44 e 46 da Constitución española dirixidos aos poderes públicos de cara a garantir e tutelar o acceso á cultura, e asegurar a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, cultural e artístico dos pobos de España e dos bens que o integran, calquera que for o seu réxime xurídico e súa titularidade.

É unha responsabilidade, pois, do centro directivo competente en materia de patrimonio cultural activar os mecanismos que o ordenamento xurídico pon ao seu dispor para que ese patrimonio estea, na medida do posible, accesible ás galegas e aos galegos para a súa consulta, estudo, coñecemento e enriquecemento cultural.

Á vista de todo o anterior, examinada a documentación que integra o expediente que permite, sen prexuízo dunha mellor precisión, alcance ou estruturación no seu desenvolvemento, unha descrición do obxecto da declaración e a súa correcta identificación, así como das condicións de conservación, en aplicación do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural de Galicia e se crea o rexistro de bens de interese cultural para Galicia, en exercicio das competencias que teño atribuídas polo Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro,

resolvo:

1. Incoar o procedemento para a declaración de ben de interese cultural da colección Alvaro Gil de ourivaría prerromana.

2. Comunicar esta resolución ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural para a súa anotación preventiva como unha colección de bens mobles de interese cultural.

3. Dar conta á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do cal dependen o Registro Xeral de Bens de Interese Cultural e o Inventario Xeral de Bens Mobles da Administración xeral do Estado.

4. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte á publicación desta resolución, a fin de que cantos poidan ter interese teñan a posibilidade de examinar o expediente e alegaren o que coiden conveniente nas dependencias administrativas da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 3, piso 2, en Santiago de Compostela, logo da correspondente petición de cita.

5. Dispor que se soliciten informes a órganos consultivos para os efectos que o artigo 9.3 da Lei 8/1995 prevé.

6. Facer constar que, consonte o disposto polo artigo 10.3 da citada Lei 8/1995, a presente resolución determina cautelarmente a aplicación inmediata e provisional, na súa condición de colección, do réxime de protección previsto para os bens xa declarados.

7. Lembrar que, ao abeiro do artigo 14 da devandita Lei 8/1995, os titulares dos bens a que se refire esta incoación deberán dar conta ao Rexistro de Bens de Interese Cultural da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de todos os actos que se realicen sobre eles cando afecten o contido desta resolución. Así mesmo, consonte o seu artigo 26, os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre os bens integrantes da colección terán a obriga de facilitar o acceso, con fins de inspección, ao persoal técnico da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Para os efectos previstos nesta incoación, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural poderá solicitar daqueles o exame dos bens integrantes da colección e toda a información pertinente para a súa declaración, se procede, como ben de interese cultural.

8. Informar que, en aplicación do disposto polo artigo 12 da antedita Lei 8/1995, o expediente terá que resolverse no prazo, máximo de 20 meses contados a partir da data en que se incoou. Transcorrido este prazo, producirase a caducidade do expediente se se solicitar o arquivamento das actuacións ou se dentro dos sesenta días seguintes non se dita resolución.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013

María del Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

CATÁLOGO DAS PEZAS DA COLECCIÓN ALVARO GIL

1º. GARGANTILLA DE TIRAS DE MONTE DOS MOUROS I.

Nº inventario: 1974/2/12.

Outros nº: A.B.-01, N.P.-12. *

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminado, martelado, puntillado.

Dimensións: alt.: 5/3,5 cm; lonx.: 40 cm.

Peso: 138,88 g.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: Bronce Inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: lámina rectangular curvada, obtida por martelado, con estreitamentos nos extremos. A parte central presenta trece cortes lonxitudinais que forman catorce tiras repuxadas. Nos extremos, dobrados formando pestanas para efectuar o cerramento, presenta decoración puntillada de liñas verticais polo reverso.

Observacións: forma parte dun tesouro constituído por outra gargantilla de menor tamaño, unha pulseira e varias láminas áureas perdidas, localizado en 1887. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

* A.B. corresponde a Aurelia Balseiro (1994): El oro prerromano en la provincia de Lugo. Deputación Provincial de Lugo, Lugo e N.P. a Narciso Peinado (1975): Torques celtas en el Museo Provincial de Lugo, Lugo: Deputación Provincial de Lugo (Junta del Museo Provincial de Lugo, 16).

2º. GARGANTILLA DE TIRAS DE MONTE DOS MOUROS II.

Nº inventario: 1974/2/6.

Outros nº: A.B.-02, N.P.-6.

Uso: sdorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminado, martelado, puntillado.

Dimensións: alt.: 3,5×3 cm; lonx.: 30 cm.

Peso: 57,05 g.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: Bronce Inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a. C.

Conservación: regular, fáltalle unha das oito tiras orixinais, e está fracturada nun extremo.

Descrición: banda de forma rectangular curvada, obtida por martelado, que se estreita cara aos extremos, onde leva dúas perforacións en cada un para o cerramento da peza. A parte central presenta sete tiras conseguidas pola rotura da folla e posterior repuxado destas. Nas extremidades leva unha decoración de liñas horizontais e verticais realizadas mediante un puntillado desde o interior.

Observacións: forma parte dun tesouro xunto coa gargantilla anterior, localizado en 1887. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

3º. COLAR DE CHAOS DE BARBANZA.

Nº inventario: 1974/2/13.

Outros nº: A.B.-39, N.P.-13.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, soldadura.

Dimensións: diámetro 13 cm; lonx. 40 cm.

Peso: 147,25 g.

Procedencia: Chaos de Barbanza, Boiro, A Coruña.

Cultura: Bronce Inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a. C.

Conservación: Boa.

Descrición: actualmente presenta a forma dun colar articulado composto por un arame de sección circular martelado cos extremos dobrados cara a fóra, a modo de ganchos de pecho; o dito arame parece que foi engadido posteriormente ao achado; leva ensartadas nove doas macizas bitroncocónicas, con perforación central, de distintos tamaños.

Observacións: as doas apareceron casualmente xunto con outras pezas de bronce en 1893. A datación do arame non se correspondería coa das doas. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

4º. TORQUE SEN REMATES.

Nº inventario: 1974/2/43.

Outros: A.B.-03, N.P.-Páx. 23. Outras adquisicións.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado.

Dimensións: lonx.: 31 cm; larg.: 8,5 cm; grosor: 0,4 cm.

Peso: 75,38 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexo inicial.

Cronoloxía: S. IX-VII a. C.

Conservación: boa. Presenta tres marcas na parte central interna da vareta.

Descrición: colar ríxido que presenta unha vareta de sección romboidal en forma de ferradura e terminacións lixeiramente ensanchadas. Carece de ornamentación.

Observacións: descoñécense datos acerca do seu achado. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

5º. TORQUE DA RECADIEIRA I.

Nº inventario: 1974/2/16.

Outros: A.B.-09, N.P.-16.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, soldadura.

Dimensións: lonx.: 38 cm; diám.: 16,6 cm; grosor: 0,7 cm; terminais alt.: 2,3 cm.

Peso: 238,16 g.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: colar ríxido en forma de C, composto por unha vareta maciza de sección romboidal e remates bitroncocónicos. Carece de ornamentación.

Observacións: encontrado cara a 1885 no castro do mesmo nome, do cal proceden diferentes achados. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

6º. TORQUE DE MELIDE.

Nº inventario: 1974/2/17.

Outros: A.B.-11, N.P.-17.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, soldadura.

Dimensións: lonx.: 32 cm; diám.: 20 cm; grosor: 1,3 cm; terminais alt.: 3,4 cm.

Peso: 399,1 g.

Procedencia: castro próximo a Melide, A Coruña.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: torque en forma de C aberto, composto por unha vareta maciza de sección romboidal e terminais ocos en dobre escocia. Carece de ornamentación e ten cascabel nun dos remates.

Observacións: encontrado en 1876, nun lugar sen especificar, a 6 km de Melide. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

7º. TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/42.

Outros: A.B.-10, N.P.-páx. 32, Outras adquisicións.

Uso: adorno de colo pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado e soldadura.

Dimensións: lonx.: 34 cm; diám.: 15 cm; grosor: 0,9 cm; terminais alt.: 2,6 cm.

Peso: 159,37 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: torque en forma de C cerrado, composto por unha variña maciza de sección romboidal e remates ocos en dobre escocia. Carece de ornamentación.

Observacións: descoñécense as circunstancias do seu achado. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

8º. FRAGMENTO DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/18.

Outros: A.B.-05, N.P.-18.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, estampación.

Dimensións: lonx.: 20 cm; grosor: 0,6 cm; remate alt.: 2,5 cm.

Peso: 136,72 g.

Procedencia: castro próximo a Viveiro ou a Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV a. C.-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento dun torque composto por unha vareta maciza de sección romboidal e remate bitroncocónico macizo. Decorado polas súas dúas caras externas a base de zigzags, realizados con circuliños estampados con punzón simple.

Observacións: crese que foi atopada nun castro xunto a Viveiro quizais en 1869 ou en 1883. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

9º. FRAGMENTO EXTREMO TERMINAL DUNHA VARETA DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/19.

Outros: A.B.-06, N.P.-19.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, puntillado e estampación.

Dimensións: lonx.: 17 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 72,41g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: corresponde ao terzo central dunha vareta maciza de sección romboidal dun torque roto en tres fragmentos. Decorado polas súas dúas caras exteriores con dous grupos de tres ornitomorfos enfrontados, e no centro dos grupos un rectángulo recheo de circuliños, nos extremos liñas verticais con circuliños inscritos e un triángulo adornado con circuliños nun dos seus vértices. Ornamentación realizada con punzón simple.

Observacións: apareceu en 1859 nun castro lucense sen especificar. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Formaría parte xunto cos remates 1974/2/20 (nº 11) e 1974/2/39 (nº 10) da mesma peza.

10º. FRAGMENTO TERMINAL DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/39.

Outros: A.B.-8, N.P.-?.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado e soldadura.

Dimensións: lonx.:10 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 2,9 cm.

Peso: 55,69 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento correspondente ao extremo terminal dunha vareta de torque maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Carece de ornamentación.

Observacións: corresponderíase cun terminal da peza anterior. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

11º. FRAGMENTO TERMINAL DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/20.

Outros nº: A.B.-07, N.P.-20.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado, soldadura.

Dimensións: lonx.: 9 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 3,3 cm.

Peso: 48,21 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Descrición: fragmento correspondente ao extremo terminal dunha vareta de torque maciza de sección romboidal e remate oco en dobre escocia. Decorado cunha roseta de seis pétalos, realizada cun punzón complexo, inscrita nun círculo.

Observacións: xunto cos fragmentos anteriores formaría parte dunha mesma peza. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

12º. FRAGMENTO TORQUE DA VALIÑA I.

Nº inventario: 1974/2/28.

Outros nº: A.B.-14, N.P.-28.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 12 cm; grosor: 0,4 cm.

Peso: 12,83 g.

Procedencia: A Valiña (preto do castro de Masma), Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV a. C.-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: parte central dun torque de vareta maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados, formando oitos, onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores.

Observacións: apareceu en 1873 casualmente nas proximidades do castro de Masma, xunto cunhas laminiñas de ouro perforadas, dúas arracadas e dous torques máis. Pertenceu á Colección Villaamil y Castro e á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

13º. FRAGMENTO TORQUE DA VALIÑA II.

Nº inventario: 1974/2/27.

Outros nº: A.B.-15, N.P.-27.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleirado en molde á cera perdida.

Dimensións: lonx.:10 cm; grosor: 0,8 cm.

Peso: 50,38 g.

Procedencia: A Valiña (preto do castro de Masma), Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV a. C.-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: parte central dun torque de vareta de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando unha espiña de peixe que rodea 1,6 cm no centro da barra.

Observacións: formaba parte dun tesouro encontrado casualmente en 1873 nas proximidades do castro de Masma, xunto cunhas laminiñas perforadas, dúas arracadas e dous torques máis. Formou parte da Colección Villaamil y Castro, e da Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

14º. FRAGMENTO DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/23.

Outros nº: A.B.-19, N.P.-23.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 9,7 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 2,2 cm.

Peso: 24,72 g.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide, A Coruña. (?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. III-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento terminal dun torque composto por unha vareta de sección circular maciza e con remate piriforme.

Observacións: apareceu, xunto con outros dous fragmentos, en circunstancias descoñecidas. Uns sitúanos en castros de Lugo e outros na comarca de Terra de Melide. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

15º FRAGMENTO DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/24.

Outros nº: A.B.-17, N.P.-25.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 8,5 cm; grosor: 0,4 cm; terminal alt.: 2,2 cm.

Peso: 21,19 gr.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide. A Coruña. (?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. III-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento terminal dun torque composto por unha vareta de sección romboidal maciza e remate piriforme.

Observacións: apareceu, xunto con outros dous fragmentos, en circunstancias descoñecidas. Uns sitúanos en castros de Lugo e outros na comarca de Melide. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

16º. FRAGMENTO DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/25.

Outros: A.B.-18, N.P.-24.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición.

Dimensións: lonx.: 12,15 cm; grosor: 0,4 cm; remate alt.: 2,15 cm.

Peso: 24,12 g.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide, A Coruña. (?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. III-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento terminal dun torque composto por unha vareta de sección romboidal maciza e remate piriforme.

Observacións: apareceu, xunto con outros dous fragmentos, en circunstancias descoñecidas. Uns investigadores sitúanos en castros de Lugo e outros na comarca de Melide. Pertenceu á colección Blanco Cicerón, Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

17º. TORQUE DE VILADONGA.

Nº inventario: 1974/2/21.

Outros nº: A.B.-28, N.P.-21.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 30 cm; diám.: 13 cm; grosor: 0,8 cm; remates alt.: 2,2 cm.

Peso: 161,04 g.

Procedencia: Castro de Viladonga, Castro de Rei, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. II-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: torque composto por unha vareta de sección circular e remates ocos piriformes. Os terzos inferiores da vareta están recubertos por arames enrolados que forman 53 espiras nun lado e 57 no outro, mentres que a parte central, totalmente lisa, aparece coutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor de dous botonciños centrais. Ten cascabel en ambos os remates.

Observacións: apareceu en 1911 no castro de Viladonga. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

18º. TORQUE DE VIVEIRO.

Nº inventario: 1974/2/41.

Outros nº: A.B.-29, N.P.-páx. 23. Outras adquisicións.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 36 cm; diám.: 13,7 cm; grosor: 0,9 cm; remates alt.: 2,7 cm.

Peso: 218,50 g.

Procedencia: proximidades de Viveiro, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. II-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: torque composto por unha vareta de sección circular cuberta nos seus dous terzos extremos por arames enrolados que forman 36 espiras a cada lado, e remates en forma de pera. O terzo central, liso, aparece limitado por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor dun botonciño central. Ten cascabel en ambos os remates.

Observacións: a súa procedencia viveirense non é segura. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

19º. FRAGMENTO TORQUE DE CENTROÑA.

Nº inventario: 1974/2/22.

Outros nº: A.B.-32, N.P.-22.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 23 cm; grosor: 0,9 cm; remate alt.: 3,7 cm.

Peso: 170,36 g.

Procedencia: Castrelo, Centroña, Pontedeume, A Coruña.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. II-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: fragmento correspondente a media vareta dun torque de sección circular, maciza, e remate en pera. Decorado por un arame enrolado cubrindo o terzo extremo da vareta e enlazando coa zona central lisa a través de dúas placas de dobres espirais de filigrana con botón central.

Observacións: spareceu casualmente en 1912. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

20º. TORQUE «DO CU DO CASTRO».

Nº inventario: 1974/2/15.

Outros nº: A.B.-25, N.P.-15.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro (a súa cor delata ou ben unha aliaxe ben unha alma doutro metal).

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 37,7 cm; diám.: 16 cm; grosor: 2 cm; terminal alt.: 4,2 cm.

Peso: 523,29 g.

Procedencia: Cu do Castro, punta de Marzán, Foz, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. III a. C.-I d. C.

Conservación: regular, fáltalle un dos remates.

Descrición: torque composto por unha vareta de sección circular maciza e terminal oco en dobre escocia. Os dous terzos laterais están cubertos por arames enrolados que forman 31 espiras nun lado e 29 no outro. O terzo central presenta na cara externa unha decoración de filigrana aplicada que forma catro bandas paralelas de oitos separadas por cordonciños sogueados ou simples.

Observacións: foi atopado casualmente a finais do s. XIX. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

21º. TORQUE DA RECADIEIRA II.

Nº inventario: 1974/2/14.

Outros nº: A.B.-26, N.P.-14.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 39 cm; diám.: 22 cm; grosor: 1,25 cm; terminais alt.: 3,5 cm.

Peso: 1.182,66 g.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. III a. C.-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: torque composto por unha vareta de sección circular maciza e remates en dobre escocia tamén macizos. Os dous terzos laterais da barra están cubertos por un arame oco, en forma de C, enrolado e que forma 33 espiras nun lado e 32 no outro. A parte central da vareta non presenta decoración.

Observacións: foi encontrado por un labrador a principios de 1889, no castro da Recadieira, onde apareceron outras pezas. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

22º. TORQUE DE BURELA.

Nº inventario: 1974/2/40.

Outros nº: A.B.-24, N.P.-páx. 35 Un ejemplar fuera de serie. GT-60.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 59,5 cm; diám.: 21,5 cm; grosor: 1,9 cm; remates alt.: 6,9 cm.

Peso: 1.812 g.

Procedencia: Chao do Castro, Burela, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. II a. C-I d. C.

Conservación: boa.

Descrición: colar ríxido, composto por unha barra, de sección circular no tramo central e heptagonal nos terzos laterais, recubertos de arames enrolados, convexos polo exterior e planos na súa cara interna, que presentan 24 espirais nun terzo e 22 no outro. O tramo central circular presenta un traballo de filigrana aplicada de 7 fíos soldados á barra, que delimitan 6 bandas paralelas decoradas con dous fíos entrelazados formando oitos. Remates ocos en dobre escocia.

Observacións: peza encontrada casualmente mentres se realizaban labores agrícolas; foi dada a coñecer en 1954 por D. José Trapero Pardo, formou parte posteriormente da Colección de D. Álvaro Gil Varela e pasou ao Museo como depósito da dita familia o 27 de febreiro de 1974.

23º. TORQUE DE MONDOÑEDO (TORQUE DA RECADIEIRA).

Nº inventario: 1974/2/26.

Outros nº: N.P.-26.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: prata.

Técnica: fundición, soldadura, incisión.

Dimensións: lonx.: 46,5 cm; diám.: 15,5 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 102,54 g.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: celtibérica.

Cronoloxía: S. III-I a. C.

Conservación: regular. Presenta unha fractura nun dos seus laterais.

Descrición: colar ríxido formado por dous arames grosos e outros dous máis finos e retorcidos, torsionados en forma de soga e soldados nos extremos nunha vareta de sección circular adelgazada cara aos remates en forma de gancho cos extremos voltos, que, pola súa vez, están decorados cun ensanchamento globular no centro e un cono no final. Presenta unha decoración ternaria de tres oitos expandidos na zona funicular, así como unha serie de liñas incisas de puntos, círculos con punto central e arquiños, situados na variña lisa.

Observacións: Cuevillas menciona o achado desta peza no ano 1884 no Coto da Recadieira (Mondoñedo). Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

24º. ARO OU POSIBLE ADORNO DE BRAZO.

Nº inventario: 1974/2/1.

Outros nº: A.B.-44, N.P.-1.

Uso: adorno de brazo (?).

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleirado a molde.

Dimensións: lonx.: 18,5 cm; diám.: 7,3 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 93,50 g.

Procedencia: castro indeterminado próximo a Lugo.

Cultura: bronce Inicial.

Cronoloxía: ca. 1800-1600 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: barra de ouro maciza en forma de C, de sección circular, que se estreita progresivamente cara aos extremos.

Observacións: encontrado, xunto coa peza seguinte, nun castro próximo á cidade de Lugo, no ano 1887. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

25º. ARO.

Nº inventario: 1974/2/2.

Outros nº: A.B.-45, N.P.-2.

Uso: adorno de brazo (?).

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleirado a molde.

Dimensións: lonx.: 18 cm; diám.: 6,2 cm; grosor: 0,75 cm.

Peso: 100,6 g.

Procedencia: castro indeterminado próximo a Lugo.

Cultura: bronce Inicial.

Cronoloxía: ca. 1800-1600 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: barra de ouro maciza en forma de C, de sección circular, que se estreita cara aos extremos.

Observacións: asociado á peza anterior, apareceu nun castro próximo a Lugo capital, en 1887. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

26º. BRAZALETE MELIDENSE (BRAZALETE DE MELIDE).

Nº inventario: 1974/2/3.

Outros nº: A.B.-48, N.P.-3.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleirado á cera perdida (derivado do tipo Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 22 cm; alt.: 3,6 cm; diám.: 8,5 cm.

Peso: 185,98 g.

Procedencia: próximo ao castro Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: Idade do Bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: peza cilíndrica maciza e cerrada, composta por catro gallóns e cos bordos lixeiramente exvasados.

Observacións: apareceu en 1881 a 4 km do castro Monte dos Mouros. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

27º. PULSEIRA DA URDIÑEIRA (BRAZALETE DA URDIÑEIRA).

Nº inventario: 1974/2/4.

Outros nº: A.B.-41, N.P.-4.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición á cera perdida (derivada do tipo Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 24,2 cm; alt.: 5,2 cm; diám.: 7,5 cm.

Peso: 131,66 g.

Procedencia: Parada da Serra, A Gudiña, Ourense.

Cultura: Bronce Inicial.

Cronoloxía: ca. 1700-1500 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: peza cilíndrica cerrada cos bordos lixeiramente exvasados. Con dez gallóns horizontais decorados con punzón formando grupos de liñas verticais incisas descontinuas que ocupan os espazos cóncavos entre os nervios.

Observacións: forma parte do tesouro da Urdiñeira, xunto cun brazalete que se encontra tamén no Museo, e unha placa circular de bronce depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, encontrado en 1920. Pertenceu á colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

28º. BRAZALETE DA URDIÑEIRA (PULSEIRA DA URDIÑEIRA).

Nº inventario: 1974/2/5.

Outros nº: A.B.-40, N.P.-5.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batido, puntillado.

Dimensións: lonx.: 18,9 cm; alt.: 4,2 cm; diám.: 6,5 cm.

Peso: 95,87 g.

Procedencia: Parada da Serra, A Gudiña, Ourense.

Cultura: Bronce Inicial.

Cronoloxía: ca. 1600-1500 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: lámina rectangular de forma cilíndrica, aberta, con dous furados en cada un dos seus extremos. Presenta unha decoración puntillada de tipo xeométrico, a base de liñas en forma de espiña de peixe que percorren paralelamente os bordos da peza, combinada nos extremos con tres tiras verticais de triángulos raiados.

Observacións: forma parte do tesouro da Urdiñeira, encontrado casualmente en 1920. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

29º. PULSEIRA MELIDENSE (PULSEIRA DE MELIDE).

Nº inventario: 1974/2/7.

Outros nº: A.B.-49, N.P.-7.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batido.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 0,6 cm; diám.: 5,7 cm.

Peso: 7,92 g.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: Idade do Bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a. C.

Conservación: regular.

Descrición: cinta laminada rectangular e aberta, rematada nun dos seus extremos por unha argoliña e no outro por un saínte en forma de gancho. Decorada con tres ringleiras de fíos sogueados, enmarcados por dous nervios moi finos repuxados.

Observacións: asociada ó tesouro constituído polas gargantillas de tiras e a varias láminas áureas que se perderon, localizado en 1887. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón.

30º. BRAZALETE DE MOIMENTA I.

Nº inventario: 1974/2/8.

Outros nº: A.B.-42, N.P.-8.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminado, repuxado.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 3,9 cm.

Peso: 18,88 g.

Procedencia: Coto dos Castros, Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Cultura: Idade do Bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: peza cilíndrica aberta de ouro laminado, decorada con sete nervios horizontais que rematan nos extremos con tres paralelos verticais formando rectángulos concéntricos. Estes nervios están enmarcados por catro filetes que bordean toda a peza.

Observacións: encontrado xunto con outro igual, descrito a seguir (tan só se diferencian na altura), por un labrador en 1914 nas inmediacións do castro de Moimenta. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

31º. BRAZALETE DE MOIMENTA II.

Nº inventario: 1974/2/9.

Outros nº: A.B.-43, N.P.-9.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundido, laminado, repuxado.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 3,6 cm.

Peso: 17,9 g.

Procedencia: Coto dos Castros, Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Cultura: Idade do Bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a. C.

Conservación: boa.

Descrición: peza cilíndrica aberta de ouro laminado, decorada con sete nervios horizontais que rematan nos extremos con tres paralelos verticais formando rectángulos concéntricos. Estes nervios están enmarcados por catro filetes que bordean toda a peza.

Observacións: forma parella coa peza anterior, encontrada en 1914 nas proximidades do castro de Moimenta. Pertenceu á Colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

32º. BRAZALETE DE OURENSE.

Nº inventario: 1980/12/1(11). Nº rexistro: 8.483.

Outros nº: A.B.-50, N.P.-11.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleirado á cera perdida (tecnoloxía Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 21,8 cm; alt.: 2,5 cm; diám.: 7,1 cm.

Peso: 122,10 g.

Procedencia: lugar indeterminado da provincia de Ourense.

Cultura: Bronce Final.

Cronoloxía: ca. S. VII-VI a. C.

Conservación: boa.

Descrición: corpo cilíndrico cerrado decorado con catro acanaladuras con ringleiras de globuliños en relevo intercalados, e entre elas un dobre filete.

Observacións: apareceu, nun lugar descoñecido de Ourense, en 1921. Pertenceu á Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela, efectuado pola súa viúva Antonia Arias en 1980.

33º. BRAZALETE/TORQUE DE RIOTORTO.

Nº inventario: 1974/2/10.

Outros nº: A.B.-52, N.P.-10.

Uso: adorno de brazo (?).

Materia: ouro.

Técnica: fundido, martelado.

Dimensións: lonx.: 33 cm; diám.: 8,9 cm; grosor: 0,6 cm; remates alt.: 2,1 cm.

Peso: 112,32 g.

Procedencia: Croa de S. Pedro de Riotorto, Riotorto, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: vareta de sección romboidal con remates piriformes e enrolada en espiral.

Observacións: considerado tradicionalmente como brazalete, puido ser un torque que foi posteriormente enroscado para a Colección Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

34º. BRAZALETE.

Nº inventario: 1974/2/44.

Outros nº: CO-51. N.P.-páx. 32 «fuera de inventario…».

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 21 cm; diám.: 7,95 cm; grosor: 0,4 cm; remates, alt.: 1,3 cm.

Peso: 60,95 g.

Procedencia: descoñecida.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: en forma de torque, presenta unha vareta de sección circular que se estreita cara aos extremos, con remates bitroncocónicos.

Observacións: descoñécense as circunstancias do seu achado. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

35º. ARRACADA DE MASMA I.

Nº inventario: 1974/2/29.

Outros nº: A.B-53, N.P.-29.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: eixe horizontal: 3,7 cm; alt.: 3 cm; grosor: 0,8 cm.

Peso: 7 g.

Procedencia: A Valiña, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: moi deteriorada, fragmentada.

Descrición: forma penanular. A parte proximal leva dous pivotes irregulares, contrapostos e soldados. O interior é oco. Só se conserva un anaco da lámina que cubriría as dúas caras principais, decorada con liñas concéntricas aos bordos.

Observacións: foi encontrada xunto con outra, tres torques e dúas láminas de ouro, por unha labradora nun camiño que atravesa o castro de Masma, en 1873. Pertenceu á Colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

36º. ARRACADA DE MASMA II.

Nº inventario: 1974/2/30.

Outros nº: A.B-54, N.P.-30.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, granulado.

Dimensións: eixe horizontal: 3,7 cm; alt: 3 cm; grosor: 0,8/0,9 cm.

Peso: 6 g.

Procedencia: A Valiña, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C.

Conservación: moi deteriorada. Carece de case toda a lámina que cubría as dúas caras.

Descrición: forma penanular. A parte proximal con pivotes de sección circular soldados. Interior oco. Lámina decorada con liñas concéntricas ós bordos nas dúas caras principais. Decoración no dorso interior con zigzags de gránulos e no exterior triángulos.

Observacións: apareceron, xunto coa peza anterior, tres torques e dúas láminas de ouro, nun camiño que atravesaba o castro de Masma, en 1873. Pertenceu á Colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

37º. ARRACADA DE BURELA.

Nº inventario: 1976/4/2.

Outros nº: A.B.-57.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: soldadura, filigrana, granulado.

Dimensións: eixe horizontal: 2,3 cm; alt.: 1,85 cm; grosor: 0,6 cm.

Peso: 4,4 g.

Procedencia: Burela, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. II-I a. C.

Conservación: boa.

Descrición: peza en forma de ril e estrutura laminar, tipo labirintiforme. Decoración do dorso interior cóncavo a base de filigrana formando espigados e no dorso exterior convexo dous frisos horizontais, separados por fíos de ouro, nos cales se asentan grupos de gránulos formando triángulos opostos pola súa base e separados por un fío central. As caras principais forman dous tabiques internos concéntricos aos bordos. A parte proximal con dous traveseiros soldados a ambos os lados.

Observacións: encontrouse nun lugar indeterminado de Burela entre os anos 1954-1955. Ingresou no Museo en 1976, como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

38º. 5 FRAGMENTOS DE ESPIRAIS.

Nº inventario: 1974/2/35/36/37.

Outros nº: A.B.-67, N.P.-36/36/37/40/41.

Uso: adornos de pelo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: diám.: 3,5 cm; grosor: 0,5 cm; lonx. remates: 1,65 cm.

Peso: 63,2 g (en conxunto).

Procedencia: orixe incerta da provincia de Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV a. C.-I d. C.

Conservación: regular, fracturados en 5 partes.

Descrición: tres fragmentos de varetas de sección circular envoltas en espiral. Dous fragmentos con vareta de sección circular e remates plásticos, formados por un corpo cilíndrico con catro molduras circundantes, unha delas sogueada; a seguir unha franxa formada por fíos de filigrana ao aire seguida por unha moldura cóncava lisa e termina en tres corpos globulares en forma de pera que serven de base a un terceiro que sobresae en medio deles.

Observacións: pertenceron á Colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresaron no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

39º. LÁMINA CALADA I.

Nº inventario: 1974/2/31.

Outros nº: A.B.-65, N.P.-31.

Uso: para revestir algún obxecto ou vestimenta.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batido.

Dimensións: lonx.: 2,8 cm; alt.: 1,35 cm.

Peso: 0,88 g.

Procedencia: inmediacións do castro de Masma, Masma, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C (?).

Conservación: boa.

Descrición: de forma rectangular, realizadas sobre unha lámina finísima e decoradas cuns diminutos calados cuadrangulares a modo de celosía.

Observacións: atopada, xunto con outra lámina e outras pezas áureas por unha labradora en xaneiro de 1873. Pola súa aparición con outras xoias encadrables dentro da cultura castrexa, tamén as incluímos nesta cultura. Pertenceron á Colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

40º. LÁMINA CALADA II.

Nº inventario: 1974/2/32.

Outros nº: A.B.-66, N.P.-32.

Uso: para revestir algún obxecto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batido.

Dimensións: lonx.: 2,6 cm; alt.: 1,4 cm.

Peso: 0,69 g.

Procedencia: inmediacións do castro de Masma, Masma, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S. IV-I a. C (?).

Conservación: regular, fracturada no ángulo superior dereito.

Descrición: de forma rectangular, realizada sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a modo de celosía.

Observacións: apareceu xunto coa peza anterior e outras xoias áureas en xaneiro de 1873. Pertenceu á Colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

41º. CRAVO/REMATE DE TORQUE.

Nº inventario: 1974/2/34.

Outros nº: A.B.-62, N.P.-34.

Uso:

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado.

Dimensións: lonx.: 2,2 cm; grosor: 0,45 cm; cabeza: 1,1×0,9 cm.

Peso: 10,56 g.

Procedencia: lugar indeterminado da provincia de Lugo.

Cultura: castrexa (?).

Cronoloxía: S. III-I a. C (?).

Conservación: boa.

Descrición: fragmento de barra maciza de sección romboidal con remate ou cabeza de forma cadrada.

Observacións: a peza apareceu cara a 1860. Algúns investigadores consideran esta peza como un remate de torque. A peza pertenceu á colección de Villaamil y Castro e á de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

42º. ARAME I.

Nº inventario: 1974/2/33.

Outros nº: A.B.-68, N.P.-33.

Uso: material en bruto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado.

Dimensións: lonx.: 13 cm; grosor: 0,25 cm.

Peso: 8,20 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía:

Descrición: fío de ouro macizo de sección circular, enrolado en espiral de case dúas voltas. Un dos extremos dobrado a modo de gancho e o outro en ángulo cara a fóra e cun lixeiro engrosamento na punta.

Observacións: descoñécese o lugar e as circunstancias do achado desta peza. Pertenceu á colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

43º. ARAME II.

Nº inventario: 1974/2/38.

Outros nº: A.B.-69, N.P.-38.

Uso: material en bruto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelado.

Dimensións: lonx. fío enrolado: 9 cm; lonx. fío transversal: 2,6 cm; grosor: 0,1 cm.

Peso: 1,9 g.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía:

Conservación: boa.

Descrición: fío de sección circular, enrolado en espiral de case tres voltas e atravesado por outro fragmento en horizontal.

Observacións: descoñécese o lugar e as circunstancias do achado desta peza. Pertenceu á colección de Blanco Cicerón. Ingresou no Museo como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.

44º. CARNEIRO ALADO.

Nº inventario: 1976/4/1.

Outros nº: A.B.-61.

Uso:

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana, granulado.

Dimensións: altura: 6,5 cm; anchura: 6,5 cm; grosor: 2,5 cm.

Peso: 52,94 g.

Procedencia: ría de Ribadeo (?) Lugo.

Cultura: peza inspirada na ourivaría seleúcida.

Cronoloxía:

Conservación: boa.

Descrición: pequena figura, oca, dun animal de catro patas, especie de carneiro con cornos e alas, realizada con láminas soldadas, profusamente decoradas a base de filigrana e gránulos. O carneiro presenta a cabeza levantada, a boca aberta, cornos retorcidos, orellas aguzadas, alas curvadas cara a diante e rabo longo. Todo o corpo da figura está cuberto de escamas confeccionadas con fío de filigrana retorcido; este fío utilízase tamén para disimular as unións das láminas e perfilando as distintas partes do animal, patas, ollos, pescozo etc. Figuras zoomórficas e flores de seis pétalos decoran parte do corpo da peza, dúas aves e dous cuadrúpedes, cuxo contorno está delimitado polo fío de filigrana. Pero o seu interior aparece recuberto por un finísimo granulado; esta técnica repítese nas rosetas.

Observacións: segundo a tradición esta peza atopouse ao dragar a ría de Ribadeo. Ingresou no Museo en 1976 como depósito da Colección de D. Álvaro Gil Varela.