Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2013/165).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Domicilio social: Corneira, 15863 A Baña (A Coruña).

Denominación: centro de transformación «interconexión catroventos» situado en punto fronteira e alimentación en baixa tensión a tres naves industriais.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

Instalación e montaxe do centro de transformación «interconexión catroventos» en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA de potencia asignada, con relación de transformación 20/0,42, seis celas de media tensión Ormazábal ou similar: 3 CML, 1 CMM, 1 CMP e 1CMV.

A caseta prefabricada de formigón conformará o punto fronteira entre as compañías «Industrial Barcalesa, S.L.» e «Electra de Santa Comba, S.L.», polo que as súas dimensións serán suficientes para albergar o centro de transformación en proxecto, así como o centro de seccionamento, propiedade de «Electra de Santa Comba, S.L.» definido en proxecto á parte e os equipamentos de protección e medida.

Reposición dunha liña subterránea de alta tensión 20 kV asociada ao actual CT «Catro Ventos» que se desmontará (expediente IN407A 06/438), cara ao novo CT «Interconexión Catroventos», simple circuíto, con condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240 Al+H16), denominada LSAT (20 kV) Al CT «Interconexión Catroventos», de 36 m de lonxitude.

Reordenacion das redes de baixa tensión (420/230V) asociadas ao CT «Catro Ventos» que se desmontará, cara ao novo CT «Interconexión Catroventos» e construción de tres novas saídas de alimentación a tres naves industriais, en cable tipo RV 0,6/1 kV 3x240 Al+1x150 Al, e de 358 m de lonxitude total.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña