Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de protección dos recursos naturais do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia PN-PO-2012-19-NAV e PN-PO-2012-53-NAV.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente. Transcorrido este prazo sen terse presentado o devandito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

P.S. (Disposición adicional primeira do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro;
DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: PN-PO-2012-19-NAV.

Interesado: Jesús Enrique Míguez Montero.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: avenida de Guixar, 32, 8º M, 36207 Vigo (Pontevedra).

Expediente: PN-PO-2012-53-NAV.

Interesada: Arteta 2000, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo coñecido: avenida Camelias, 24, 36202 Vigo (Pontevedra).