Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-63/2013 RE e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 3 de outubro de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-63/2013 RE.

Denunciada: Mariana Adina Adir.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-65/2013 RE.

Denunciado: Ionel Stefan.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-97/2013 RE.

Denunciada: Tabita Montoya Jiménez.

Acto notificado: proposta de resolución.