Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de outubro de 2013 polo que se procede á notificación da resolución de cancelación da inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema de xestión e auditoría ambiental (EMAS) da entidade mercantil Promotora Matimán, S.L.

Antecedentes de feito:

1. Con data 7 de xaneiro de 2005 procédese á inscrición do centro da entidade Promotora Matimán, S.L., con CIF B-15717085, sito na rúa Santa Marta, 67, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000042.

2. Na declaración ambiental presentada para o rexistro facíase constar que esta tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Rematado o prazo para a presentación da seguinte declaración ambiental validada non se recibiu, por parte de Promotora Matimán, S.L., ningún tipo de comunicación.

3. Con data 7 de febreiro de 2011 envióuselle unha comunicación á empresa na cal se lle informaba de que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, se procedería a dala de baixa.

4. Tras varios intentos infrutuosos de comunicación coa empresa, acórdase dar un trámite de audiencia á entidade mercantil Promotora Matimán, S.L., con CIF B-15717085, sita na rúa Santa Marta, 67, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña), e concédeselle un prazo de quince días contados desde a notificación do citado escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes, ao abeiro do disposto no artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño.

5. Con data 19 de agosto de 2013 notifícaselle, a través do Diario Oficial de Galicia, o citado acordo ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Fundamentos xurídicos:

1. A presente resolución correspóndelle ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

2. O artigo 14.1º do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida á dirección do centro».

3. O número 5 do citado precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunos. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Dado que non se obtivo resposta por parte do interesado a todos e a cada un dos requirimentos realizados, e vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorga o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 44/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

RESOLVE:

Cancelar, de conformidade co disposto no artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), a inscrición do centro da entidade mercantil Promotora Matimán, S.L. na rúa Santa Marta, 67, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental