Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013124TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 1 de xullo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013124TA-OU, a Globe Valdeorras con CIF B-32408577, con domicilio na rúa Abdón Blanco núm. 6, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Globe Valdeorras con CIF B-32408577, con domicilio na rúa Abdón Blanco núm. 6, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de setembro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013124TA-OU.

Denunciado: Globe Valdeorras.

Documento de identificación: CIF: B-32408577.

Último enderezo coñecido: rúa Abdón Blanco núm. 6, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) de la Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euro (601,00 €).