Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre cambio de aceite en establecemento para lavado de vehículos e cambio de pneumáticos (expediente 381/13).

Daniel Valiño Tellado solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación da actividade de cambio de aceite en establecemento con licenza 192/2013 para lavado de vehículos e cambio de pneumáticos na rúa Lamas de Prado, número 44, baixo.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 4 de setembro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo