Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41764

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre construción de explotación libre de vacún de leite en Pontenoufe-A Xesta (expediente 7214/13).

Por instancia de José Ojea Reboredo o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para a construción de explotación libre de vacún de leite no lugar de Pontenoufe, parroquia da Xesta, Lalín (expediente núm. 7214/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 15 de outubro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo