Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos en Angorén (Chapela).

Gasvi Electricidad y Mecánica, S.L., representada por Gaspar García Vázquez, solicitou licenza de apertura de taller de reparación de vehículos que se localizará na avenida de Vigo, 59-Bº, Angorén (Chapela). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 25 de setembro de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde