Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre a construción de sepulturas no cemiterio parroquial de Guillar.

José Penido Matos, en representación do Bispado de Lugo, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de dezaseis sepulturas no cemiterio parroquial de Guillar, no concello de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rodeiro, 26 de setembro de 2013

Concepción I. Somoza Calviño
Alcaldesa en funcións