Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41768

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de campaña de promoción Vive Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Nº de expediente: 4886-104.

2. Obxecto do contrato: descrición: realización dunha campaña de presentación dos productos desenvolvidos ao abeiro do Plan de competitividade e baixo a idea central Vive Vigo como experiencia turística.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 45 días.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 223.850 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC (follas de especificacións do contrato).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxaxe o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de outubro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación