Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41770

VI. Anuncios

b) Administración local

Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de convocatoria para a execución da obra de recuamento da liña aérea de media tensión VLG 807 Vilalonga-A Carabuxeira.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación do recuamento da liña aérea de media tensión VLG 807 Vilalonga-A Carabuxeira, anúnciase a convocatoria respectiva:

1. Obxecto: a execución da obra de recuamento da liña aérea de media tensión VLG 807 Vilalonga-A Carabuxeira conforme o proxecto redactado polo enxeñeiro municipal José María Troncoso Viñas.

2. Procedemento: aberto. Tramitación: ordinaria.

3. Prezo: 127.527,32 euros (IVE incluído).

4. Prazo do contrato: oito (8) semanas.

5. Clasificación do contratista: non se exixe, pero si como condición de solvencia técnica, que o licitador estea inscrito no Rexistro Integrado Industrial na categoría de liñas de alta tensión.

6. Garantías: provisoria, non se exixe. Definitiva: 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

7. Publicidade: anuncio no perfil do contratante na páxina web www.sanxenxo.es, no BOP e no DOG.

8. Presentación das ofertas: de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, no Rexistro Xeral do concello durante o prazo de 26 días naturais desde o seguinte ao da última publicación do anuncio, sexa esta no BOP ou no DOG.

9. Mesa de contratación: reunirase en acto público, na sala de xuntas do Concello de Sanxenxo, para a apertura do sobre B o terceiro día hábil seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Criterios de selección e adxudicación: cláusulas 9ª e 10ª dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen esta contratación.

11. Órgano de contratación: Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Tel. 986 72 00 75.

13. Obtención de documentación: no Concello de Sanxenxo e na web www.sanxenxo.es, perfil do contratante.

Sanxenxo, 10 de outubro de 2013

Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo