Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1029/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1029/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Lema Trillo contra a empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de salarios, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Diego Lema Trillo, contra Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Técnicos de Seguridad del Norte, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 186,59 euros brutos, pola compensación económica polo non desfrute de vacacións do ano 2012, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de outubro de 2013

A secretaria xudicial