Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (199/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 199/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María Regueiro Iglesias contra Rosa Albina Fernández Vales, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Eva María Regueiro Iglesias contra Rosa Albina Fernández Vales e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 1 de xaneiro de 2013, e condeno a Rosa Albina Fernández Vales, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, aboe á demandante unha indemnización por despedimento a razón de 373,33 euros. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Rosa Albina Fernández Vales, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 2 de outubro de 2013

A secretaria xudicial