Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (151/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Liébana Palacio contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), o Fogasa, o administrador concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), sobre ordinario, ditouse resolución o 25.9.2013, dirixida, entre outros, contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L., contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

A secretaria xudicial