Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41681

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2767/2011 MCR).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 2767/2011 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 554/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: Carlos Márquez García.

Avogado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Construcciones Navales Santo Domingo, S.A.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2767/2011 MCR desta sección, seguido por instancia de Carlos Márquez García contra a empresa sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante, contra a Sentenza do 18 de marzo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en proceso sobre revisión de grao de incapacidade promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala –sección aberta en Banesto co nº 1552– e deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que conste e lle sirva de notificación á empresa Construcciones Navales Santo Domingo, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de setembro de 2013

A secretaria xudicial