Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41469

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos de vixilancia de seguridade e mantemento de instalacións de seguridade na rede de museos de Vigo.

1. Entidade adxudicadora.Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura e Festas. Nº expediente: 457-341.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación de servizos de vixilancia de seguridade e mantemento de instalacións de seguridade na rede de museos de Vigo.

Lugar de execución: museos do Concello de Vigo.

Prazo de execución: tres anos máis tres prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.789.685,19 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presen-tación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría c.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo de obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de outubro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación