Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41467

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos de xestión do Centro de Usos Múltiples Vigosónico.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude. Nº de expediente: 3927-336.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servizos de xestión do Centro Xuvenil de Usos Múltiples Vigosónico e a realización de actividades musicais (ensaios, gravacións, formación e actuacións), actividades relativas a outras disciplinas artísticas, así como actividades de información e dinamización xuvenil.

Lugar de execución: Centro de Usos Múltiples Vigosónico. Estrada do Portal, s/n.

Prazo de execución: catro anos máis dúas prórrogas dun ano de duración cada unha delas.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 408.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixen.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC (follas de especificacións do contrato).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 2 de outubro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación