Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a contratación mediante procedemento aberto do servizo de xestión de residuos.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Rosalía de Castro, nº 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

4) Teléfono: 986 81 64 66.

5) Fax: 986 81 64 90.

6) Correo electrónico: xapvigo.contratacion.administrativa@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-XPV1-13-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión dos residuos de clase III xerados nos centros de saúde dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: ver pregos.

e) Prazo de execución: seis meses, desde a data de firma do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ver prego.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90520000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver número 6.5. do prego que rexe a contratación.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 17.310,00 €, IVE (10 %): 1.731,00 €. Importe total: 19.041,00 €.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe a súa constitución. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro.

2. Enderezo: rúa Rosalía de Castro, nº 21-23.

3. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obligado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Dirección: rúa Rosalía de Castro, nº 21-23, 8º andar.

b) Localidade e código postal: Vigo 36201.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe estimado máximo: 700,00 €.

10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Vigo, 9 de setembro de 2013

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo