Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de outubro de 2013 pola que se notifica a incoación do expediente de reclamación patrimonial con referencia 10/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Antonio Basagoiti Barrenechea, con DNI 02151509-C como propietario da embarcación Abu Dos con matrícula 7ª VI-5-279-05, presenta a reclamación por danos na súa embarcación no porto de Cangas, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a incoación de expediente de reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na r/ Feliz Ozamiz, nº 1, 1º B, 36940 Cangas (Pontevedra).

A vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 6.1º do Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, requírese o reclamante para que no prazo de 10 días envíe unha serie de documentación.

Así mesmo, de acordo co artigo 71.1 de la Lei RXAP e PAC, de non remitir os documentos solicitados considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42.1 da mesma lei.

O expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 horas ás 14.00 horas.

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Medio Rural e do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia