Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, das obras de reforzo da capa de rodaxe no firme de diversas rúas no núcleo urbano.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 2021-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: reforzo da capa de rodaxe no firme de diversas rúas do núcleo urbano do termo municipal. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe total 381.072,95 euros, IVE incluído.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 7 de outubro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación