Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41326

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de outubro de 2013 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14.

Mediante a Orde do 30 de maio de 2013 (DOG do 31 de maio), a Consellería Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14.

O artigo 17 desa orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.423A.780.0, por importe total de 15.696.894,00 euros para o ano 2013, e na contía de 500.000,00 euros para o ano 2014, e que, se fose o caso, os ditos importes se poden ampliar.

Como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias do mesmo servizo e tendo en conta que estas axudas non están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva, e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único

Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centos sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14, en dous millóns cincocentos sesenta e cinco mil trescentos oitenta e dous euros con catro céntimos de euro (2.565.382,04 euros), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 30 de maio de 2013 (DOG do 31 de maio).

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria