A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Outubro 2013: 30.
Novembro 2013: 6, 13, 20, 27.
Decembro 2013: 4, 11.
4. Lugar de celebración:
Artesanos Gallegos de la Carne, S.L.
Parque Empresarial de Castro Ribeiras de Lea, 27260 Castro de Rei (Lugo).
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo o modelo anexo.
9. Programa:
Día 30.10.2013 |
|
12.00-13.00 h |
Introdución. Lexislación. |
13.00-15.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
Día 6.11.2013 |
|
12.00-14.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
14.00-15.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
Día 13.11.2013 |
|
12.00-13.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
13.00-14.30 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
14.30-15.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
Día 20.11.2013 |
|
12.00-13.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
13.00-14.00 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
14.00-15.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
Día 27.11.2013 |
|
12.00-15.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
Día 4.12.2013 |
|
12.00-13.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
13.00-14.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
14.00-15.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
Día 11.12.2013 |
|
12.00-13.00 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
13.00-14.00 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
14.00-15.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas:
Outubro 2013: 30.
Novembro 2013: 6, 13, 20, 27.
Decembro 2013: 4, 11.
Lugar de celebración do curso:
Artesanos Gallegos de la Carne, S.L.
Parque Empresarial de Castro Ribeiras de Lea, 27260 Castro de Rei (Lugo).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: en horario de 12.00-15.00 h.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase, como data límite o 23 de outubro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
NOME: |
APELIDOS: |
|
CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA: |
||
EMPRESA: |
SECTOR ACTIVIDADE: |
|
ENDEREZO: |
CP: |
|
LOCALIDADE: |
PROVINCIA: |
|
TELÉFONO: |
FAX: |
CORREO ELECTRÓNICO: |