Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41332

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 9 de outubro de 2013 pola que se modifica o prazo de execución das accións subvencionadas ao amparo da Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

No Diario Oficial de Galicia nº 116, do mércores 19 de xuño de 2013, publicouse a Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

No artigo 18 establécese que «Con carácter xeral e para todos os programas o período de execución de accións abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2013 ata o 31 de outubro de 2013.

Excepcionalmente, as accións realizadas entre o 21 de febreiro de 2012 e a data de publicación desta orde poderán dar lugar ao acceso á condición de beneficiario.

Porén, o gasto subvencionable corresponderá ao último trimestre de 2012 e ao exercicio orzamentario de 2013».

Diversas cuestións de carácter técnico e procedemental provocan que a fase de instrución se prolongue máis alá das datas inicialmente previstas, o que afecta os prazos de execución das accións subvencionadas.

Por tal motivo, co fin de garantir a maior eficacia posible da convocatoria das referidas axudas e facilitar a xestión por parte das entidades beneficiarias, cómpre adaptar o prazo de execución das accións subvencionables.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 18 (período de execución das accións) da Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, que queda redactado como a seguir se expón:

«Con carácter xeral e para todos os programas o período de execución de accións abranguerá desde o 1 de xaneiro de 2013 ata o 14 de novembro de 2013.

Excepcionalmente, as accións realizadas entre o 21 de febreiro de 2012 e a data de publicación desta orde poderán dar lugar ao acceso á condición de beneficiario.

Porén, o gasto subvencionable corresponderá ao último trimestre do 2012 e ao exercicio orzamentario de 2013».

Esta orden entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar