Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41417

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT e CS Canello Coíñas.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 60 m de lonxitude con condutor RHZ1 e con orixe no CS Coíñas (32CHV7) e remate na LMT ao CT Vinteún (32SY54), con entrada e saída no CS proxectado.

Orzamento: 5.762,10 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 23 de setembro de 2013

P.S.L. (Decreto110/2013, do 4 de xullo)
A. Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial