Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Silleda e Boqueixón (expediente IN407A 2013/114-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT nova saída Silleda-Boqueixón.

Situación: Silleda (Pontevedra) e Boqueixón (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión aereosubterránea, a 20 kV, con condutor LA-110 a parte aérea e RHZ1 a subterránea, estruturada do seguinte xeito:

– LMT aérea tramo I. 896 metros; orixe: apoio nº 1 proxectado; final: apoio nº 7 proxectado.

– LMT aérea tramo I, DC. 416 metros; orixe: apoio nº 7 proxectado; final: apoio nº 10 proxectado.

– LMT aérea tramo II. 976 metros; orixe: apoio nº 0 proxectado; final: apoio nº 9 proxectado.

– LMT subterránea tramo I. 190 metros; orixe: sala de celas da subestación de Paízas; final paso aereosubterráneo no apoio proxectado nº 1.

– LMT subterránea tramo II. 465 metros; orixe: paso aereosubterráneo no apoio proxectado nº 9; final: punto de interconexión proxectado.

A instalación está situada na zona de Cira (Silleda, Pontevedra) e Noente (Boqueixón, A Coruña).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra