Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT Pedrouzos-Portomarín II, nos concellos de Portomarín e O Páramo (expediente 007/2012 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT Pedrouzos-Portomarín II.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Paso aerosubterráneo a 20 kV no apoio metálico proxectado nº 0 en vez do apoio de formigón existente, pertecente á LMTA existente PAL 803.

2. LMT aérea entre os CCTT existentes Estrada de Sarria e Pedrouzos a 20 kV cunha lonxitude de 1.274 m en condutor LA-56, con orixe no apoio metálico proxectado nº 1 e final no apoio de formigón existente (nº 9 no presente proxecto), pertecente á LMTA existente SAR 813, sobre apoios metálicos (7) e de formigón (1).

3. LMT soterrada ao CT existente na praza Cuartel Guardia Civil, cunha lonxitude de 543 m en condutor RHZ1, con orixe no paso aerosubterráneo no apoio proxectado nº 0, xa citado, e final na cela de liña existente no CT praza Cuartel Guardia Civil.

4. LMT soterrada entre os CCTT existentes praza Cuartel Guardia Civil e Portomarín II cunha lonxitude de 539 m en condutor RHZ1.

5. LMT soterrada entre os CCTT existentes Estrada de Sarria e Pedrouzos, cunha lonxitude de 504 m en condutor RHZ1, con orixe na cela da liña existente no CT Estrada de Sarria e final no paso aerosubterráneo no apoio metálico proxectado nº 1 da LMT aérea proxectada xa citada.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións


predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 ae

1

33

237

Monte da Ferreira

Labor

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

0

2.0

3.0

30.0

2

31

1

Monte da Ferreira

Monte baixo e prado

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

1

2.0

114.0

1.141.0

3

31

212

Monte da Ferreira

Monte alto

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

2-3

4.0

174.0

1.924.0

4

31

10002

Monte da Ferreira

Prado

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

4

2.0

51.0

507.0

5

31

10002

Monte da Ferreira

Monte baixo

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

53.0

562.0

6

31

2

Monte da Ferreira

Monte alto

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

5

2.0

232.0

3.661.0

7

31

2

Monte da Ferreira

Monte alto

– CMVMC de Portomarín

Repr.: Gonzalo Díaz González

General Franco, 26, 27170 Portomarín, Lugo.

– Servizo de Montes, Consellería do Medio Rural e do Mar

Edificio Administrativo, rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

6

2.0

39.0

610.0