Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da rede de distribución para a subministración de gas natural con MOP = 4 bar á empresa Leche Celta, S.L.U. en Pontedeume (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2013/3-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario.

Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes.

O 5.8.2013 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións da rede de distribución para a subministración de gas natural con MOP (máxima presión de operación) = 4 bar á empresa Leche Celta, S.L.U. en Pontedeume (A Coruña), acompañada do preceptivo proxecto.

Ante esta solicitude, o 7.8.2013 esta dirección xeral resolveu iniciar o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

A dita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 26.8.2013 e durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron outras solicitudes en concorrencia. En consecuencia, procede continuar co procedemento de outorgamento de autorización administrativa solicitada por Gas Galicia SDG, S.A.

Obxecto da petición.

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da rede de distribución para a subministración de gas natural con MOP = 4 bar á empresa Leche Celta, S.L.U. en Pontedeume (A Coruña).

Descrición das instalación.

A citada rede parte dun punto de conexión coa rede en servizo (MOP = 4 bar) do termo municipal de Miño (situado no extremo noroeste da rede da Urbanización Costa-Miño Golf), diríxese cara ao leste e cruza a autoestrada AP-9F ata a vía de servizo e continúa por esta vía en dirección sur ata chegar ao límite da empresa Leche Celta, S.L.U.

A condución realizarase en polietileno PE-100, de 110 mm de diámetro e terá unha lonxitude de 931 m.

Termos municipais afectados.

As instalacións afectan o termo municipal de Pontedeume, na provincia da Coruña.

Orzamento.

O orzamentos das instalacións ascende á cantidade de setenta e catro mil oitocentos seis euros con setenta e cinco céntimos (74.806,75 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio e poden examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas