Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 18 de outubro de 2013 Páx. 41415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Rante II no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2013/53-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Rante II.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 632 m con condutor RHZ-1 e orixe na LMT existente ao CT aéreo 32AA90 e remate no CT proxectado rural Rante II de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aerosubterránea de 1.370 m en aéreo con condutor RZ e 436 m en subterráneo con condutor XZ1 con entrada e saída no CT proxectado rural Rante II.

– RBT aerosubterránea de 1.180 m en aéreo con condutor RZ e 126 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT aéreo existente 32AA90.

– RBT aerosubterránea de 620 m en aéreo con condutor RZ e 71 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente en caseta 32CV95.

Orzamento: 213.891,95 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 20 de setembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial