Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de gando vacún de carne en Campelo.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o seguinte proxecto técnico:

– Proxecto de ampliación de explotación de gando vacún de carne (construción de silo forraxeiro tipo trincheira de 240 m3), en Campelo (O Corgo); o promotor é Carlos Otero López.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalo nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

O Corgo, 24 de setembro de 2013

José Antonio Ferreiro González
Alcalde