Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre apertura e funcionamento de depósito de GLP de 4.880 l en estación de servizo no Vieiro.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente que se tramita por instancia de Área de Servicio Quintáns, S.L., con CIF número B36321016, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de depósito de GLP de 4.880 l en estación de servizo, que se situará no lugar do Vieiro, parroquia da Cañiza, deste termo municipal. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que considere oportunas.

A Cañiza, 25 de setembro de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde