Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de modificación do Plan xeral de ordenación municipal, emendando erro detectado no período de exposición ao público, por Acordo plenario do 25 de setembro de 2013.

Unha vez aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do día 28 de novembro de 2012, o proxecto de modificación do Plan xeral de ordenación municipal, para a redelimitación do equipamento do sistema local RCL-11-Sanamede do Monte, de acordo cos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas pola suspensión son a igrexa e o cemiterio de Sanamede do Monte (San Mamede).

A Baña, 26 de setembro de 2013

José Andrés García Cardeso
Alcalde