Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de elevador nun edificio sito na rúa San Isidoro, 54.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio, Infraestruturas e Territorio, con data do 24 de xullo de 2013, por delegación do alcalde a través de Decreto con data do 13 de xuño de 2011; emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto.

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa San Isidoro, 54, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares: Mª Carmen Pazos Flores.

Ben: local comercial planta baixa, porta esquerda.

Predio rexistral: 31.363 do Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 9,05 m2.

Valor de expropiación: 11.403,00 euros.

2. En virtude do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

3. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

4. Requirir a comunidade de propietarios do edificio situado na rúa San Isidoro 54, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, deposite o importe ou aval bancario do 20% da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a dous mil douscentos oitenta euros con sesenta céntimos (2.280,60 euros)».

O que se publica para efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 2 de agosto de 2013

Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio,
Infraestruturas e Territorio