Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre apertura de clínica dental.

Mª Ángeles Vila Martínez solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a apertura de instalación dunha clínica dental situada na rúa Cardenal Cisneros, nº 7-9-11, baixo C. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente orixinado a información pública, que poderá ser examinado no Departamento de Obras e Urbanismo deste concello polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas.

Narón, 28 de agosto de 2013

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral