Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de ampliación de cemiterio de Leiro.

O arcebispado de Santiago de Compostela solicita desta Alcaldía licenza municipal para ampliación de cemiterio de Santa María de Leiro, en Leiro. En cumprimento do disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG–, poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rianxo, 9 de outubro de 2013

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde