Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41186

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (733/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra.

Sentenza: 383/2012.

Xuíza que a dita: Ana Belén Sánchez González.

Lugar: Pontevedra.

Data: dezaoito de outubro de dous mil doce.

Partes solicitantes: Andrés Ramón Prol Triñanes, María Jesús Pombo Laya.

Avogada: Margarita Rey Feijoo.

Procuradora: Lucía Rodríguez Gesto.

Número de procedemento: divorcio mutuo acordo 733/2012.

Obxecto do xuízo: a declaración da disolución de matrimonio por divorcio polo procedemento de mutuo acordo.

Decido que debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Andrés Ramón Prol Triñanes e María Jesús Pombo Laya.

Así mesmo, aprobo a proposta de convenio regulador proposto polas partes, que quedará unido á presente resolución formando parte desta.

Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza só poderá ser impugnada, en interese dos fillos menores ou incapacitados, polo Ministerio Fiscal.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Andrés Ramón Prol Triñanes, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 9 de maio de 2013

O/a secretario/a xudicial