Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41184

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 1 de outubro de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 10 de xuño).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Traballo e Benestar, mediante Orde do 14 de maio de 2013 (DOG nº 109, do 10 de xuño), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao laboral fixo/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 14 de maio de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do laboral fixo/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, ao cesar o adxudicatario do posto convocado, o cal disporá, para tomar posesión, dun prazo de tres días, se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do traballador/a. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo destes comenzará o día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o laboral fixo/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Vázquez Méndez, José.

NRP: 4481076013L145100072.

Grupo: I/II.

Categoría: D.

Denominación do posto: director/a administrador/a.

Código: TR.C99.40.501.36050.001.

Dependencia: Centro Ocupacional O Saiar (Caldas de Reis).

Localidade: Caldas de Reis.

C. singularidade: 4.123,92 €.

Observacións: B10//B18//funcións de dirección e animación sociocultural.

(D) Categorías 1, 4, 6 e 31 do grupo I e categorías 1, 4, 6, 7, 21, 30 e 37 do grupo II do V Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.