Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (246/2013 F).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 246/2013 F deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Vanessa Rodríguez Marcote contra a empresa José Luis Barros Moreno (tenda Leder), Colonial Trade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 494/2013.

Nº de autos: despedimento/cesamentos en xeral 246/2013 F.

A Coruña, 25 de setembro de 2013.

Milagritos Belso Sempere, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante María Vanessa Rodríguez Marcote, que comparece asistida do letrado José Nogueira Esmorís e doutra como demandado José Luis Barros Moreno (tenda Leder), Colonial Trade, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia estar citado en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pola parte demandante María Vanessa Rodríguez Marcote presentouse con data do 1 de marzo de 2013 demanda, que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a realización do acto de xuízo o día 17.9.2013 e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Feitos probados.

1. A demandante María Vanessa Rodríguez Marcote, maior de idade, con DNI nº 47374969-Y, vén prestando os seus servizos laborais para a empresa demandada Colonial Trade, S.L., tenda Leder, nos centros de traballo sitos na Coruña, no Centro Comercial Espacio Coruña e Marineda City, coa categoría profesional de dependenta, cunha antigüidade desde o 4 de xuño de 2010 e percibindo un salario mensual con inclusión do rateo de pagas extraordinarias de 1.057,76 euros.

2. A demandante foi despedida do seu posto de traballo habitual, por medio de boletín de notificación de despedimento por causas obxectivas con data do 13 de xaneiro de 2013, mediante carta de despedimento achegada aos autos.

3. É de aplicación o convenio colectivo de comercio vario.

4. A demandada, que non compareceu, non acreditou a concorrencia da causa de despedimento alegada.

5. Con data do 22 de febreiro de 2013 celebrouse o preceptivo acto de conciliación ante o SMAC co resultado de intentada sen efecto.

6. A demandante non ocupa nin ocupou cargo de representación legal nin sindical.

7. A empresa demandada pechou todos os centros de traballo que tiña abertos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O anterior relato de feitos probados acredítase pola proba documental achegada pola parte demandante non desvirtuada pola demandada que non compareceu malia estar citada en legal forma e renuncio ao exercicio do dereito ao seu defensa.

Segundo. Alégase na carta de despedimento pola empresa demandada como motivo deste causas económicas, conforme o previsto no artigo 52.c) e 53 do Estatuto dos traballadores sen que comparecese a acreditar a concorrencia destas.

É por iso, que estando acreditada a relación laboral e o despedimento, sen que se acreditase causa ningunha para este, é polo que o despedimento debe ser cualificado de improcedente, conforme o previsto no artigo 120 en relación co 108 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social e, así mesmo, facendo uso da facultade outorgada no artigo 91 da LXS para ter á empresa demandada por confesa cos feitos alegados na demanda.

Acreditada a imposibilidade de readmisión da traballadora por peche da empresa, procede decretar na presente resolución a extinción da relación laboral, co percibimento da indemnización e salarios de tramitación correspondentes (artigo 286 en relación co 281, ambos os dous da LXS). Cantidades que se reflectisen na decisión, calculadas conforme os datos que constan na declaración de feitos probados.

En consecuencia, procede admitir a demanda nos termos indicados, é dicir, con declaración de improcedencia do despedimento e extinción da relación laboral. Non procede a declaración de nulidade interesada, dado que non se alegou nin acreditado motivo ningún para iso (artigo 108.2 da LXS).

Por todo o exposto, procede admitir a demanda na súa petición subsidiaria.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido.

Que con estimación da demanda formulada por María Vanessa Rodríguez Marcote contra a empresa Colonial Trade, S.L. debo declarar e declaro irmprocedente o despedimento da demandante, desestimando a pretensión de que este sexa declarado nulo.

Así mesmo, dada a imposibilidade da readmisión declaro extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando á empresa demandada a que aboe á demandante unha indemnización por un importe de tres mil novecentos corenta euros con trinta céntimos (3.940,30 euros), con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, que nesta data ascenden a oito mil novecentos cincuenta e seis euros con catro céntimos (8.956 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante xustificativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1532 0000 36 0246 13, debendo indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Barros Moreno (tenda Leder), Colonial Trade, SL, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 25 de setembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial