Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de ampliación de nave de vacún.

Ángel Cagiao Purriños solicitou licenza municipal para proceder á ampliación de nave para vacún de leite en Espiñoi-Vilamourel.

Cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, que establece que o expediente será sometido polo concello ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar de localización proposto, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Paderne, 25 de setembro de 2013

César Longo Queijo
Alcalde presidente