Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO relativo ao nomeamento, por libre designación, de funcionarias.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña nº 151, do 9 de agosto de 2013, e mediante anuncio publicado no DOG número 158, do 21 de agosto de 2013, convocáronse, para a súa provisión polo procedemento de libre designación, os postos de traballo de xefe do Servizo de Mobilidade e Seguridade Cidadá, xefe do Servizo de Xestión de Persoal e xefe do Servizo de Fomento e Promoción Económica.

Por decreto desta concellaría, do 4 de outubro de 2013, resólvese a citada convocatoria nomeando por libre designación as funcionarias que se indican no anexo, que deberán tomar posesión dos postos adxudicados de conformidade co establecido na base sétima da convocatoria e no artigo 48 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2013

P.D. (Xunta de Goberno Local do 28.2.2013)
Amelia González Brandariz
Concelleira delegada de persoal

ANEXO

Nome e apelidos: María Moreno Berguer. Documento nacional de identidade número 32748957-Q. Grupo A1. Corpo ou escala: xeral. Posto de traballo: xefe do Servizo de Mobilidade e Seguridade Cidadá. Nivel: 28.

Nome e apelidos: María Luisa Prego de Oliver López. Documento nacional de identidade número 33269471-V. Grupo A1. Corpo ou escala: xeral. Posto de traballo: xefe do Servizo de Xestión de Persoal. Nivel: 28.

Nome e apelidos: María Berta Rosón López. Documento nacional de identidade número 03436623-D. Grupo A1. Corpo ou escala: xeral. Posto de traballo: Xefe do Servizo de Fomento e Promoción Económica. Nivel: 28.