Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional OE-L1.

1. O pleno do Concello da Laracha, en sesión extraordinaria do día 22 de agosto de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido a ordenación especial OE-L1, A Laracha, na rúa Río Anllóns-A Laracha- Torás, tramitado de oficio polo Concello, segundo proxecto redactado polo arquitecto Ángel Luís Monteoliva Díaz.

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do estudo de detalle, así como o acordo correspondente no Boletín Oficial da provincia, non entrando en vigor ata que se publicase completamente o seu texto e transcorrese o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local.

Terceiro. Notificar persoalmente aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo expediente o presente acordo, comunicándolles que este pon fin á vía administrativa e contra el poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do texto no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Ordenar ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Quinto. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o estudo de detalle.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 168, do día 4 de setembro de 2013, o texto dos documentos que o integran e planos de ordenación.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 23 de setembro de 2013.

A Laracha, 24 de setembro de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde