Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40794

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5537/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 5537/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Sanco, S.L., Juan Cespón Paz, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 13 de setembro de 2013.

Únese o anterior escrito, presentado na Oficina de Rexistro e Notificacións o 10 de setembro de 2013 e subscrito pola letrada María J. Martínez-Fariza Conde, en representación de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta Sala. Emprácense as demais partes para compareceren, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias dese escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da citada Sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta Sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de emprazamento a Construcciones Sanco, S.L., con último domicilio coñecido na rúa María Berdiales, 29, 2º, oficina 8, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de setembro de 2013

A secretaria xudicial