Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de xogo OU-16/12 e C-3/13.

Segundo consta nos expedientes, intentada a práctica da notificación a Nicolás Alfredo Sande Alonso, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo OU-16/12 e C-3/13 que se relacionan no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación das ditas resolucións por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O interesado poderá examinar as citadas resolucións completas no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro contra as resolucións dos expedientes indicados, que non esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro que xulgue pertinente ao seu dereito ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expedientes: OU-16/12 e C-3/13.

Interesado: Nicolás Alfredo Sande Alonso.

DNI/NIF: 33237824H.

Último domicilio coñecido: rúa Doutor Ochoa, 37-1º esq., 27004 Lugo.

Data da resolución: 24 de xaneiro de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: leve.

Sanción: apercibimento.