Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 4 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Excavaciones y Conducciones de Galicia, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Con data do 31 de outubro de 2007 la empresa Excavaciones y Conducciones Galicia, S.L., NIF B-36189991, en su centro con domicilio en Urbanización O Rosal, Edificio O Rosal XII, local 1º B, Moaña (Pontevedra), solicitou a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, de referencia.

Coa solicitude de inscrición xunta a declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no dito Decreto 185/1999.

Con data do 21 de xaneiro 2008 procédese á inscrición do centro sito en Urbanización O Rosal, Edificio O Rosal XII, local 1º B, Moaña (Pontevedra), e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000144.

O 8 de xaneiro de 2009 procedeuse á renovación do centro de Excavaciones y Conducciones Galicia, S.L. no Rexistro EMAS.

Na citada declaración ambiental facíase constar que tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Unha vez rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada, non se recibiu por parte de Excavaciones y Conducciones Galicia, S.L. ningún tipo de comunicación.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso, será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, daralle trámite de audiencia ao interesado, concedéndolle un prazo de quince días para que presenten as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue oportunos. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselles á dirección do centro e ao Rexistro de establecementos industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, correspóndelle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorga o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Darlle un trámite de audiencia á entidade mercantil Excavaciones y Conducciones Galicia, S.L., NIF B-36189991, en su centro con domicilio en Urbanización O Rosal, Edificio O Rosal XII, local 1º B, Moaña (Pontevedra), concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que considere convenientes.

Notifíqueselle á interesada, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da dita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental