Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 11 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Nortagro, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Con data do 13 de abril de 2007 a entidade mercantil Nortagro, S.L., co CIF B-27043637, con centro en Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 baixo, 27001 Lugo, solicitou a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, de referencia.

Coa solicitude de inscrición xunta a declaración ambiental validada así como o resto da documentación exixida no devandito Decreto 185/1999.

Con data do 11 de maio 2007 procédese á inscrición do centro sito en Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 baixo, 27001 Lugo, e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000108.

Na citada declaración ambiental facíase constar que tiña validez dun ano desde o día da súa validación e rexistro e que, unha vez ao ano, un verificador ambiental validará toda a información actualizada da declaración ambiental. Unha vez rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada, non se recibiu por parte de Nortagro, S.L. ningún tipo de comunicación.

Enviouse comunicación escrita á dita entidade mercantil, mediante notificación con xustificante de recepción con data do 3.2.2011, na cal se informaba que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, se procederá a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema comunitario de xestión e auditoría medio ambiental (EMAS), sen obter ningún tipo de resposta ou comunicación por parte de Nortagro, S.L.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado, concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que crea oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, correspóndelle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan os decretos 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Darlle un trámite de audiencia á entidade mercantil Nortagro, S.L., co CIF B-27043637, con centro en Nicomedes Pastor Díaz, 6-8 baixo, 27001 Lugo, concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que considere convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da dita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental