Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 26 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Sanespiño, S.L., ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Con data do 30 de outubro de 2009 a empresa Sanespiño, S.L., CIF B15843758, no seu centro con domicilio na avenida de Lugo, 22, 15310 Teixeiro (A Coruña), solicitou a inscrición no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, de referencia.

Coa solicitude de inscrición xunta a declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no dito Decreto 185/1999.

Con data do 5 de novembro 2009 procédese á inscrición do centro sito na avenida de Lugo, 22, 15310 Teixeiro (A Coruña), e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental co número
ES-GA-000250.

Na citada declaración ambiental facíase constar que tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Unha vez rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada, non se recibiu por parte de Sanespiño, S.L. ningún tipo de comunicación.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida a Dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, daralle trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunos. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á Dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, correspóndelle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan os decretos 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Darlle un trámite de audiencia á entidade mercantil Sanespiño, S.L., CIF B15843758, no seu centro con domicilio na avenida de Lugo, 22, 15310 Teixeiro (A Coruña), concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que considere convenientes.

Notifíqueselle á interesada, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da dita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental