Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40783

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

A listaxes de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos, así como aqueles que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Arias Arnejo, Enrique

34898794C

Libre

56

Castro Bustelo, María Teresa

78790454K

Libre

56

Moreno Pastor, Ana

50750040B

Libre

17, 58

Ríos Pena, Laura

47372234P

Libre

18, 58

Código

Descrición

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado